jueves, 7 de junio de 2012

Banco de libros


A/A  DE TODOS OS PAIS/NAIS DE ALUMNOS DO C.E.I.P. VIRXE DO CARME DE BURELA



Dende a  A.N.P.A  do Colexio Virxe do Carme de Burela este ano estamos a organizar un BANCO DE LIBROS DE TEXTO USADOS para o curso que ven. Todos podedes donar os libros usados deste curso e así poder acceder a outros libros.

Sólo recolleremos os libros válidos e en bon uso para o curso que ven, podedes consultar no blog da ANPA o una páxina web do cole o listado de libros válidos (anpavirxedocarme@blogspot.com) , (www.edu.xunta.es/centros/ceipvirxedocarmeburela.com)



Poderán solicitar libros todas as familias sexan socias ou non, tendo sempre preferencia os socios. Cando se entreguen os libros farase unha valoración do seu estado.



Os libros recolleranse do día 25 ata o día 27 de xuño no local da ANPA



LUNS 25 en horario de mañá: 11 a13 horas

MARTES E MÉRCORES pola tarde: 15:30 a 17 horas.



A semana seguinte os días 4 e 5 se xullo farase entrega dos libros:



MÉRCORES pola mañá de 11 a 13 horas

XOVES pola tarde de 15:30 a 17 horas



A nosa intención con esta iniciativa e poder dalgún xeito beneficiar a todos os que donen os libros pero NON PODEMOS GARANTIZAR  que se cubran as necesidades de todos os solicitantes xa que depende un pouco da participación que teña esta iniciativa.



Moitas gracias a todos de antemán pola súa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario